Kunsthalle

2-k_
1-PUERTA
8-dim-sung-choco
4-vista_kunst3
6-merluza_citricos
5-vista_kunst1
7-langosta
3-vista_kunst2
9-puerta_izda

O día das letras galegas, 17 de maio de 2012, naceu Kunsthalle en Santiago de Compostela, un espazo que anuncia novas fórmulas de programar a cultura no ámbito da hostalería e que foi capaz de dinamizar a oferta de ocio compostelá para converterse nun lugar referencial e punto de encontro da sociedade galega máis inqueda.

Como etiquetar Kuntshalle? É un Gastropub? Unha sala de exposicións? Moitos poderían etiquetala como neotaberna, pero seguramente non é esa etiqueta á que mellor nos adaptamos. Kunsthalle é unha taberna contemporánea, predominantemente híbrida e que non ten medo a desbordar conceptos nin compartimentos estancos. Entendemos que o ‘neo’ é un invento dos setenta para dar senso e denominar a recuperación dalgúns conceptos ou correntes do pasado; mais o clasicismo resulta bastante máis fresco que o neoclasicismo ou o capitalismo menos violento que o neocapitalismo. En Kunsthalle negámonos a pensar que todo está inventado e nese senso temos a intención de traballar con rigor as posibilidades do improvisado e o intuitivo, dende a experimentación, pero sobre todo dende un pensamento previo sobre as necesidades do local, da nosa terra, e as súas ilimitadas posibilidades. Por iso o modelo de Kunsthalle non é franquiciable nin é un revival dunha fórmula concreta.

O desenfado e bo humor que se pretende en Kunsthalle achégase ao mundo máxico das tabernas de sempre. É a taberna como lugar de encontro, como espazo para a improvisación quen de conxelar o tempo. Se a iso lle engadimos a esixencia gastronómica, o interese cultural e unha actitude contemporánea, achegámonos seguro á definición de Kunsthalle. Poida que sexa así de simple, si, unha taberna contemporánea liberada de prefixos e prexuízos